1971 Pedra Pateira.Riveira

Esta preciosa imaxe cargada de enxebrismo está tomada en 1971. Trátase da zona de Banda ó Río ( Bandourrío), actualmente ocupada polo recheos do parque de Pedrapateira. Xunto a Deán (este aparece xa citado en documentos do século XII) é o núcleo orixinario de Riveira. Barrio mariñeiro por excelencia, é a única zona que mantén certo encanto de toda a cidade e conserva parte da súa estructura orixinal.1971 Banda ó Río. Riveira ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress