Categoría: Santa Uxía
1964 Quiroga Palacios en Riveira
Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento. Trátase da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente áLearn More
1950 Riveira Grupo Escolar
A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. Aqui vemos a un grupo de rapaces xogando no patio do Grupo Escolar. Recuperamos algúns datos históricos deste emblemático centro publicados na páxina de educación: O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos. O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decideLearn More
Santa Isabel, 95 anos. Estrenase na rede o documental “A lenda do Santa Isabel”
Este 2 de xaneiro cúmprense 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora en 1921 ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos. O aniversario é aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización do documental ”A lenda do Santa Isabel”. O guión da reportaxe mistura tradición e historia e así se une a lenda de Mariña e aLearn More
1925 Riveira Rúa Venecia
A actual Rúa Galicia de Santa Uxía denominábase nos anos 30 do século pasado Rúa Venecia. Cubría desde Padín ata a actual Praza da Porta do Sol que antes se chamaba Praza do Carme e posteriormente Praza de José María Otero Goyanes, nome que se lle puxo trala guerra civil. Como se pode apreciar na postal a rúa era unha das de mais actividade da cidade. O final da fotografía estaba o Castelo e oLearn More
1980 Riveira dique
Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70. Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso. Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.
