Categoría: Santa Uxía
1955 Vista aérea de Riveira
A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6×6 que amosa distintas perspectivas da cidade.
1975 Caramecheiro Riveira
A imaxe data de mediados dos anos 70 do século pasado e amosa o comenzo da praia de Coroso en Padín. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e que hoxe é o vial de entrada á zona da avenida do parque García Bayón. Lembrades o nome dá empresa que aparece á esquerda?. O fondo dá foto os edificios da Avenida da Coruña e apreciase tamén o aparcadoiro.
1930 aprx. Banda ó Río
É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.
1964 Santa Uxía de Riveira vista xeral
Grazas os amigos que nos escriben e comentan temas e fotos. Xa sabedes que podedes poñervos en contacto a través de” redaccion@riveira.eu” -ou do tfno 609 800 950. Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms…. Learn More
1960 Secadeiro de Colomer Riveira
Lembro con especial agarimo esta imaxe que me leva á nenez. Nesta rúa que recuperou ou seu nome orixinal nos últimos lustros “Campo de Marte”, discurreu a miña infancia. Aqueles anos levaba ou nome de” General Sanjurjo”. O secadeiro de Colomer enchía co seu cheiro a salitre toda a veciñanza. Seguro que moitos de vos lembrades ainda esa rúa hoxe ocupada por unha clínica e un edificio cheo de bares e que conserva o caserónLearn More
s.XVIII Apr. Imaxe vella da Patrona Santa Uxía
Como sabedes Riveira conta desde novembro de 2014 cun museo parroquial no que se recollen pezas de imaxineria, ourivaría e vestimentas dá parroquia. Ata hai unhas semanas contaba tamén coa vella imaxe dá Patroa Santa Uxía, cedida temporalmente por unha familia riveirense. A imaxe era ata principios do século XX en que se fixo ou altar maior, a procesional. Trátase dunha peza de finais do XVIII ou principios do XIX de autor descoñecido, e vendoaLearn More
