Categoría: Santa Uxía
90 anos do Banco de La Coruña
O emblemático Banco de La Coruña, abría a súas portas hai 90 anos en Riveira, un luns 3 de setembro de 1928. A entidade bancaria, hoxe BBVA, sería o primeiro banco que contaría cunha oficina física en Santa Uxía, sería na rúa Venecia o lado da Farmacia Ferrer. Posteriormente o 18 de xaneiro de 1950 o banco compraría na Praza de Otero Goyanes, hoxe Porta do Sol, unha casa de pranta baixa onde levantaría unLearn More
1970 apr Riveira desfile festas de verán
Subimos hoxe esta fotografia dun desfile de animadores en pleno centro de Santa Uxía. A actual Rúa Galicia era escenario deste desfile que se celebraba casi seguro durante as festas. Tedes datos?. A ver si podemos concretar algo mais da foto.
1960 Riveira dique
A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36. O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras
1955 Festas de verán
Empezan as festas de verán e non me resisto a recuperar esta fotografía publicada na edición de El Correo Gallego na sección “Hai 25 anos”. Trátase dunha foto do malecón do ano 1991. As instalacións da recén estreada lonxa acollian os actos en honra da Virxe do Carmen. E coma non o programa de festas de 1955, completo para que podades disfrutar de como se vivian naqueles anos as chamadas “Festas tradicionais”
1955 Grupo Escolar e casas baratas
A fotografía de hoxe lévamos á década dos 50 do século pasado. O 17 de abril de 1941, a corporación municipal do concello de Ribeira acorda encargar o proxecto de construcción do futuro grupo escolar ao aparellador coruñés Peregrino Cotellos. O 20 de xullo de 1944 a Corporación Municipal decide construír nuns terreos propiedade de José Pérez Fernández e herdeiros de Silverio Pereira situados na estrada Nova, hoxe Miguel Rodríguez Bautista, a nova agrupación escolarLearn More
1964 Procesión da Inmaculada (Riveira)
O próximo domingo dia 29 de maio cumprindo unha tradición que se remonta a finais do século XIX sairá en procesión a “Carroza”. O derradeiro domingo deste mes a imaxe da Inmaculada Concepción sairá, polas rúas riveirenses. A imaxe feita por Juan Correa, extremo este do que carecemos datos confirmados, procesionará sobre unha gran concha de vieira na que se irán alternando as nenas vestidas de anxos. Unha tradición que se mantén viva grazas ásLearn More
