Categoría: Santa Uxía
9 de Agosto unha data para a historia riveirense
Fai 275 anos que Riveira rexeitou o ataque de buques corsarios ingleses. Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños da comarca, logrou botar os atacantes. (Por : Xosé María Fernández Pazos) ——– Corrían as primeiras horas da tarde do domingo, 9 de agosto do ano 1739, cando os apenas mil veciños da localidade de Riveira se viron sorprendidos polo ataque de corsarios ingleses, tan habituais na época. Contaba a tradición oral, sobre todoLearn More
1961 Riveira Festas de verán
Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a “Cidade branca da Ría de Arousa”, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo naLearn More
1945 aprx. Riveira Procesión do Corpus Christi
Recentemente celebrouse a festa do Corpus, xa sabedes un dos tres xoves do ano que brilan mais que o sol…), pero claro eran otros tempos e aqueles xoves festivos psaron a domingo. A imaxe amosa precisamente aprocesión do Corpus dun xoves dos anos coarenta, que percorría as rúas de Santa Uxía. Alguén sabe ubicalo sitio? Xeneral Franco preto de Rosalia Castro? . A foto foi cedida o arquivo parroquial para a exposición e a ediciónLearn More
1925 Riveira dique (Malecón)
O 23 de xuño de 1902 a comisión municipal de Riveira adxudicaba ante o notario da capital coruñesa a finca e ruínas do que fora noutrora Casa Consistoriall. Don Pedro Celestino Porteiro sería o adxudicatario da mesma e por ela pagaría a cantidade de 15.075 pesetas (90,60 euros). A finca fora dividida en catro parcelas que ocupaban en total 528 metros cadrados. A casa Consistorial situábase entre as rúas Romero Ortiz, Gravina (hoxe Rúa doLearn More
1930 aprx. Riveira Fábrica Cardona
Remítennos esta imaxe correspondente a unha placa das que habitualmente facían as conserveiras para promocionalos seus productos. Trátase dunha da emblemática fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967, o solar foi ocupado posteriomente polo Círculo Mercantil e Industrial, a Biblioteca Pública, o Centro cultural Lustres Rivas e a Caixa. Cardona era unha das conserveiras mais importantes da localidade riveirense. O noso agaredecento o amigo que nos fixo chegar esta imaxeLearn More
1979 Riveira dique en festas
A fotografia amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todode coches nun soleado dia de agosto.Vese taén o monte de San Alberte aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubidesLearn More
