Categoría: Santa Uxía

1984 O encontro

Na época en que andamos estamos a celebrar  a Semana Santa e non me resisto a subir algunha foto das celebracións que tiñan lugar hai xa mais de 30 anos. Esta que vedes é   o encontro que ten lugar na mañá do venres santo. Diapositiva feita desde o vello edificio da Acción Católica en 1984. Lembrar aqui o sacerdote que aparece na fotografía José Rodriguez Manteiga, xa finado.    

1955 Aprx. Vista de Santa Uxía

Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas  

1968 Santa Uxía vista nocturna

  Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os “mamotretos” que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da “Cidade Branca da Ría de Arousa” que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aíndaLearn More

20141221 Museo Parroquial de Riveira

Reportaxe emitido pola TVG o 21 de decembro sobre o novo museo parroquial de Riveira inaugurado o domingo 23 de novembro co gallo dos 150 anos da consagración do templo parroquial. Museo Parroquial de Santa Uxía de Riveira

1984 “O Imo” revista Cultural da Barbanza

Hai xusto 30 anos saia do prelo do obradoiro do xornal El Idal Gallego  a revista da Asociación Cultural Vionta “O IMo”. Aquela publicación fixeramola unha serie de “tolos” que creaiamos que podiamos aportar e promocionalo mundo da cultura local riveirense.  “O Imo”, para o que no no sepa  son os paus que sosteñen unha embarcación que está en seco, tiraría 5.000 exemplares e contaría coa colaboración de xente vinculada o mundo da cultura local,Learn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress