1984 “O Imo” revista Cultural da Barbanza
Hai xusto 30 anos saia do prelo do obradoiro do xornal El Idal Gallego a revista da Asociación Cultural Vionta “O IMo”. Aquela publicación fixeramola unha serie de “tolos” que creaiamos que podiamos aportar e promocionalo mundo da cultura local riveirense. “O Imo”, para o que no no sepa son os paus que sosteñen unha embarcación que está en seco, tiraría 5.000 exemplares e contaría coa colaboración de xente vinculada o mundo da cultura local, desde catedráticos, a pintores, historiadores etc.
Vionta estaba presidida por Santiago Páramo e era unha asociación Cultural. O Imo estaba dirixida por Xosé María Fernández Pazos.
Hoxe traemos un par de imaxes históricas do día da presentación da revista no Círculo Mercantil e Industrial, fora en setembro de 1984. Da revista “O Imo” sairía unha segunda edición anos despois, pero aquel proxecto morreu o tentar extendelo a outras asociacións da comarca, cada unha delas supeditadas a intereses concretos. Coma sempre os galegos facendo un reino de Taifas. Podesde completar os nomes dos das fotos…?.