Categoría: Santa Uxía

1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer

Estes días de calor seguro que moitos añorades a vella praia da cidade que permitía facer unha escapada o mediodía.  A fotografía, da que puxemos unha data aproximada, amosa a praia de Colomer.  Na marxe central superior apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e á esquerda a chimenea da fábrica da actual Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrío que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. Nos anosLearn More

Helicoptero en Santa Uxía

Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.

2015 “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad”

 O venres día 24 de abril mais de 120 persoas  participaron na presentación da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad” que tivo lugar na Aula de Teoloxía Manuel Guerra Campos da parroquia de Santa Uxía de Ribeira. Tratase dun libro conmemorativo dos 150 anos da consagración do templo parroquial no que se recolle amais a historia documental da parroquia desde a súa primeira aparición no ano 1200 ata o século XX. OLearn More

Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad

Anunciarvos a saida da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas. Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía. Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinasLearn More

1958 Paso de Xesús no horto dos Olivos

Hoxe Mércores Santo sairá o paso de Noso Señor Xesús no Horto dos Olivos. Esta emblemática procesión ten a súa orixe no ano 1956, cando se creou a confradía do seu nome. Feito en Santiago por J.Aldrey tivo un coste de cen mil pesetas da época e antes de vir a Santa Uxía quedou instalado na entrada da alameda de Santiago ante a expectación dos veciños. A obra estivo no interior do templo parroquial naLearn More

1950 aprox. Santo Enterro

E coincidindo con estas datas recuperamos hoxe unha imaxe do Santo Enterro que se celebraba na praza da igrexa cada venres santo. A imaxe recolle o momento en que a imaxe de Cristo é introducida no sepulcro. O fondo o sacerdote encargado de facer o pregón do desenclavo. A foto datámola nos anos cincuenta do século XX dado que o edificio que se ve o fondo á dereita é o do antiguo Banco da CoruñaLearn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress