Categoría: Santa Uxía
1960 Riveira Bandourrio
Cheganos esta imaxe aérea da barriada de Bandourrio, con Deán, os núcleos orixinarios da cidade. Ainda se ven as fábricas de Valeiras no Touro o fondo, e Cerqueiras en primeiro plano e como non a salazonera de Colomer que daba nome á máis popular das praias da cidade. Como se aprecia na imaxe estabamos en primavera ou verán xa que a praia estaba moi concorrida. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxeLearn More
1969 Riveira Romaria de San Alberte
Santa Uxía celebra este luns 28 de abril a secular romaría en honra de San Alberte que marca o inicio das celebracións festeiras das comarcas da barbanza e de arousa norte. A capela está situada no cumio do monte do mesmo nome, a 200 m. de altitude e dende o que hai unha fermosa panorámica da ría de arousa cara a un lado, e sobre o Parque Natural das dunas de Olbeira cara ao outro. Learn More
1954 Riveira visita do ministro de obras públicas
A fotografía recolle a visita do Ministro de Obras Públicas, Fernando Suárez de Tangil y Angulo, conde consorte de Vallellano a Riveira. Aparece na praza de Otreo Goyanes, antigua Porta do Sol e Praza do Carmen, acompañado do alcalde Miguel Rodriguez Bautista, considerado na historia popular local como o mellor rexidor que tivo a localidade. Apreciase o engalanamento tamén da Casa dos Otero. Por certo faltarían aínda dous anos para que a familia recuperase deLearn More
2014 Reportaxe sobre Cáritas Riveira
Peza sobre Cáritas Riveira e o recoñecemento o seu labor realizada pola TVG para A REVISTA FIN DE SEMANA” emitida o domingo 6 de marzo de 2014.
1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial
A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.
