Etiqueta: Santa Uxía

1948 Talleres El Nervión

Magnifica fotografía das primeiras instalacións de Talleres El Nervión no Dique da entón Avenida de José Antonio. Falar de “Talleres El Nervión” é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Situada na entón “Calle Alcazar de Toledo” (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Dique), dedicouse á fabricación dos motores diesel, baixo a marca “HMR- Hermanos Martínez Rodriguez”. Especializada especialmente en motores de camións e barcos,Learn More

1971 Pedra Pateira.Riveira

Esta preciosa imaxe cargada de enxebrismo está tomada en 1971. Trátase da zona de Banda ó Río ( Bandourrío), actualmente ocupada polo recheos do parque de Pedrapateira. Xunto a Deán (este aparece xa citado en documentos do século XII) é o núcleo orixinario de Riveira. Barrio mariñeiro por excelencia, é a única zona que mantén certo encanto de toda a cidade e conserva parte da súa estructura orixinal. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobreLearn More

1914 Riveira, vista xeral do dique

Esta espectacular fotografía, en realidade tres, ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique do porto de Santa Uxía. Publicada nun album de 1914 dos que solia facer “El barato de Riveira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recén nomeada cidade, destacando as salazoneras e conserveiras, das que chegou a a ver mais dunha ducia. Tamén vense as torres da igrexa Parroquial e coñecidas casas das que apenas quedan en peLearn More

1950 Vista aérea de Riveira

A imaxe ofrecenos unha perspectiva aérea de Riveira dos anos 50. Apreciase claramente na imaxe as estradas do Son-Noia e de Padrón, as dúas conservando aínda os típicos “plataneros” que bordeaban as calzadas. Tamén se ve a vella lonxa e os primixenios peiraos. Facendo un barrido pola fotografía apreciase por exemplo a Avda.Miguel Rodriguez Bautista e as inicipentes casas baratas, o grupo escolar, as naves de Talleres El Nervión, na chamada entón rúa Alcazar deLearn More

1940 Vista de Santa Uxía

Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubidesLearn More

1964 Monumento Sagrado Corazón de Xesús

Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento. Trátase  da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente áLearn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress