Etiqueta: Santa Uxía
1960 Riveira dique
A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36. O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras
1964 Santa Uxía de Riveira vista xeral
Grazas os amigos que nos escriben e comentan temas e fotos. Xa sabedes que podedes poñervos en contacto a través de” redaccion@riveira.eu” -ou do tfno 609 800 950. Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms…. Learn More
1914 Santa Uxía de Riveira Dique
Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.
1975 Sala de Fiestas Cambeiro. Riveira
Hoxe traemos unha foto da “Sala de Fiestas Cambeiro” na década dos setenta. Esta lembrada sala foi fundada nos anos corenta por José Fernández Cambeiro, e para os mais mozos estaba na Praza do Concello o lado da parada de taxis. Contaba con dúas pistas, a de inverno cuberta que ocupaba o primeiro andar do edificio e a pista de verán o aire libre, que habitualmente se abría a semana de San Alberto. A “SalaLearn More
1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira
Propoñemovos hoxe que nos axudedes. Esta fotografía que datamos na década dos anos cincuenta, reune a membros da Acción Católica co que fora Cardeal Quiroga Palacios. Querriamos saber quenes eran os que aparecen na foto, algúns deles claramente identificados pero outros con dúbida. Sabedes quenes son?. Grazas ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas
1959- Festas de verán Santa Uxía
Empezan as “Festas de verán 2015” e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao aLearn More
