Etiqueta: Riveira
Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad
Anunciarvos a saida da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas. Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía. Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinasLearn More
1920 Castiñeiras (Riveira)
No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadasLearn More
1958 apr. Riveira volta ciclista
Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon) por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas
1968 Santa Uxía vista nocturna
Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os “mamotretos” que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da “Cidade Branca da Ría de Arousa” que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aíndaLearn More
1957 Cabalgata dos Magos
Dada a data na que andamos recuperamos hoxe unha vella foto do ano 1957 na que é a primeira cabalgata dos Reis celebrada en Riveira, polo menos da que se teña constancia. Non ten gran calidade pero merece a pena lembrala. Grazas o donante da mesma. Alguén sabe quenes son os nosos intrépidos magos e paxes?
20141221 Museo Parroquial de Riveira
Reportaxe emitido pola TVG o 21 de decembro sobre o novo museo parroquial de Riveira inaugurado o domingo 23 de novembro co gallo dos 150 anos da consagración do templo parroquial. Museo Parroquial de Santa Uxía de Riveira
