Categoría: Vida cotiá

1975 Sala de Fiestas Cambeiro. Riveira

Hoxe traemos unha foto da “Sala de Fiestas Cambeiro” na década dos setenta. Esta lembrada sala foi fundada nos anos corenta por José Fernández Cambeiro, e para os mais mozos estaba na Praza do Concello o lado da parada de taxis. Contaba con dúas pistas,  a de inverno cuberta que ocupaba o primeiro andar do edificio e a pista de verán o aire libre, que habitualmente se abría a semana de San Alberto. A “SalaLearn More

1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira

Propoñemovos hoxe que nos axudedes. Esta fotografía que datamos na década dos anos cincuenta, reune a membros da Acción Católica co que fora Cardeal Quiroga Palacios.  Querriamos saber quenes eran os que aparecen na foto, algúns deles claramente identificados pero outros con dúbida. Sabedes quenes son?. Grazas ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer

Estes días de calor seguro que moitos añorades a vella praia da cidade que permitía facer unha escapada o mediodía.  A fotografía, da que puxemos unha data aproximada, amosa a praia de Colomer.  Na marxe central superior apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e á esquerda a chimenea da fábrica da actual Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrío que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. Nos anosLearn More

Helicoptero en Santa Uxía

Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.

Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad

Anunciarvos a saida da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas. Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía. Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinasLearn More

1920 Castiñeiras (Riveira)

No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadasLearn More

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress