Categoría: Santa Uxía
Riveira-150 anos da Igrexa Parroquial
O vindeiro 2014 faranse 150 anos da Consagración do templo parroquial de Santa Uxía de Riveira. Co gallo deste aniversario a parroquia vai iniciar diversos actos que empezarán coa recollida de material fotográfico, xornalístico e documental referido á parroquia, o pobo e os seus acontecementos. Trátase de render homenaxe á vila e ás súas xentes e para iso necesitamos a colaboración de todos, e facer deste proxecto unha obra colectiva involucrando a veciños, institucións, organismos,Learn More
1965 apr. Praza do Concello
Esta imaxe tomada desde a torre da Igrexa Parroquial amosa a praza do Concello, daquela “Plaza de Calvo Sotelo”. En primeiro plano á esquerda a “Sala de Festas Cambeiro coa pista de verán que se abria sempre o dia de San Alberte, e pegado a pista de inverno; despois o Consistorio, vemos tamén o almacen de “Bodegas La Parra” e o fondo os “Talleres El Nervión”. Xa cara a dereita o “Grupo Escolar” e enLearn More
1961 Festas de verán, programa
Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desdeLearn More
1965 Praza de Abastos
A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos. Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados. A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión, primeiro como mercado sen que tiveraLearn More
1960 Avenida do Malecón
Imaxe da actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas. A recén acondicionada avenida ofrecía unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos” e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casasLearn More
1947 O León de Padín
Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos “plataneiros” que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, OLearn More
