1947 O León de Padín
Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos “plataneiros” que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, O Son e Noia.
A adecuación da vía fixo que se movera a fonte de lugar, e si ben situouse no mesmo lugar unha versión algo modernizada da mesma xa que a primeira foi destruída, actualmente serve de centro da rotonda das confluencias de varias rúas de entrada e saída o casco riveirense. A imaxe foi tomada por M. V. en 1947 a quen agradecemos a sua cesión.
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info