Categoría: Santa Uxía

1890 Riveira peirao

Esta é a foto máis vella que se coñece de Riveira. Esta datada entre 1880 e 1890 e trátase dunha fotografía de pequeno tamaño cortada en forma de abano algo habitual nesa época.  A imaxe permite vela Igrexa parroquial inaugurada en 1864, a actual rúa Diego Delicado, onde estaba correos, e a praia do malecón. Á dereita da Igrexa vese a parte posterior da Casa de Otero.    © riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxeLearn More

1914 Casa Consistorial

Tralo incendio, a finais do século XIX, da vella Casa Consitorial ubicada no peirao riveirense, onde se atopaba  a Farmacia de Tita Fernández (Avda Malecón 1, decidiuse a construcción do novo edificio que se iniciaría no Campo da Feira en 1907. A imaxe corresponde a un album de 1914.  © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info 

1914 Peirao de Riveira

A fotografia corresponde a un album de imaxes publicados non ano 1914 aprox. Amosa a dársena dá praia coa Casa de Vilas á esquerda e a salazonera de Colomer. En medio a Rúa Campo de Marte que durante a dictadura franquista chamouse “General Sanjurjo”.  No medio aprecianse ás torres dous campanarios dá Igrexa parroquial.  © riveira.info

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress