Categoría: Santa Uxía

1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes)

A postal que traemos hoxe corresponde á Porta do Sol, actual Praza de José María Otero Goyanes. Corresponde a un album de fotografias da década dos anos dez do século pasado e a imaxe corresponde a E.Díez, un fotógrafo autor de boa parte das fotos da comarca que se editaban nos álbumes da época. O edificio que se ve detrás da fonte corresponde á actual sede do BBVA. A fonte está actualmente no Rueiro peroLearn More

1945 Xoves Santo

1945, xoves santo, membros da dotación de vixilancia do exército destinados na estación da Cunlleira, dirixianxe cara a igrexa parroquial de Riveira a rendir honores o Santísimo. A imaxe corresponde o pelotón da dotación cun sarxento enfilando a recén rebautizada como Praza de José María Otero Goyanes, e que antiguamente se denominada como Porta do Sol e anteriormente Praza do Carmen ( finais do século XIX). Os soldados tiñan como misión a vixiancia, custodia eLearn More

1949 Pelegrinaxe da Virxe de Fátima

O 6 de maio de 1949 chegaba a Riveira a imaxe pelegrina da Virxe de Fátima . Viña recorrendo desde Portugal as vilas españolas parando nas parroquias, a Santa Uxía chegaba desde Puebla e Rianxo -Asados. Entraba polos Remedios e baixou cara á parroquial momento que recolle a imaxe que como se ve congregou a centos de veciños en procesión ©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se veLearn More

1965 aprx. Praia de Coroso

A que era xunto a de Colomer a praia da cidade amosa nesta imaxe coloreada de mediados dos sesenta as clásicas casetas de baño que usaban os bañistas para cambiarse. Na beira da praia discurria o vello camiño real que unia Riveira con Palmeira e que era a via de comunicación das duas parroquias antes de que se fixera a estrada actual. A via aparece xa documentada a mediados do século XVI e perdeu oLearn More

1958 aprox. Malecón Avda.José Antonio

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos cincuenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. Tratase dunha postal dunha imaxe en branco e negro coloreada e na que se aprecia o fondo a construcción do ramal do peirao. ©riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se veLearn More

1979 aprx. Praza de Otero Goyanes

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos setenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. A fotografia foi tomada probablemente en primavera ou verán xa que a sinal de prohibido aparcar colocabase cando se celebraban actos como as procesións. Dado que non habia alumeado é de supoñer q debia ser a primavera. A imaxe amosa o Banco de Bilbao queLearn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress