Categoría: Fotografías

1969 Domingo de Ramos

Este domingo celebrouse “Domingo de Ramos” hoxe recuperamos esta vella imaxe do celebrado en 1969 que caeu un 30 de marzo. Na fotografia vese á dereita a Casa de Albino, actual administración de Loterias número 1 e que antiguamente era o edificio de Correos, en segundo plano aparece o edificio de Acción Católica. Foto AHM ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides enLearn More

1965 Palmeira

1965 Postal de Palmeira a mediados dos sesenta.A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nso anos trinta do século dezanove xuntoa Santa Uxía, Olveira e Carreira.

1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.  

1972 Riveira Praza de José María Otero Goyanes

A postal amosa a Praza de Otero Goyanes a principios dos anos 70. Na imaxe pódese ver de esquerda a dereita o establecemento de Foto Eugenio, o de electrodomésticos Alex (non lembro o nome), a sede daquela novo Banco de Bilbao (vello Banco da Coruña), enriba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non o establecemento Santos, onde estaba antigamente o barato de Riveira na década dos anos vinte do século pasadoLearn More

1944 Riveira A Soedade

En xaneiro de 1944 caia na comarca unha das nevaradas máis importantes do século. A imaxe corresponde o “Pazo de La Soledad” emblemático edificio situado na Coenlleira. Trátase dunha construción do século XVIII. Nel viviu desterrado ata a súa morte o sacerdote galego, Manuel Acuña y Malvar. Foi Párroco de Carreira. En 1792 foi elixido cóengo de Santiago. Vinculado o movemento intelectual inconformista de Santiago, o novo arcebispo mandouno desterrar. En 1809 organizou en SevillaLearn More

1960 Riveira Praia de Colomer

A fotografía amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade.  Na marxe esquerda apreciase o mercado de abastos, actualmente o Auditorio, e detrás a actual  fábrica de Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ouLearn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress