Categoría: Fotografías
1955 Aprx. Vista de Santa Uxía
Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.
1920 Castiñeiras (Riveira)
No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadasLearn More
1984 “O Imo” revista Cultural da Barbanza
Hai xusto 30 anos saia do prelo do obradoiro do xornal El Idal Gallego a revista da Asociación Cultural Vionta “O IMo”. Aquela publicación fixeramola unha serie de “tolos” que creaiamos que podiamos aportar e promocionalo mundo da cultura local riveirense. “O Imo”, para o que no no sepa son os paus que sosteñen unha embarcación que está en seco, tiraría 5.000 exemplares e contaría coa colaboración de xente vinculada o mundo da cultura local,Learn More
9 de Agosto unha data para a historia riveirense
Fai 275 anos que Riveira rexeitou o ataque de buques corsarios ingleses. Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños da comarca, logrou botar os atacantes. (Por : Xosé María Fernández Pazos) ——– Corrían as primeiras horas da tarde do domingo, 9 de agosto do ano 1739, cando os apenas mil veciños da localidade de Riveira se viron sorprendidos polo ataque de corsarios ingleses, tan habituais na época. Contaba a tradición oral, sobre todoLearn More
1960 Riveira Bandourrio
Cheganos esta imaxe aérea da barriada de Bandourrio, con Deán, os núcleos orixinarios da cidade. Ainda se ven as fábricas de Valeiras no Touro o fondo, e Cerqueiras en primeiro plano e como non a salazonera de Colomer que daba nome á máis popular das praias da cidade. Como se aprecia na imaxe estabamos en primavera ou verán xa que a praia estaba moi concorrida. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxeLearn More
1954 Riveira visita do ministro de obras públicas
A fotografía recolle a visita do Ministro de Obras Públicas, Fernando Suárez de Tangil y Angulo, conde consorte de Vallellano a Riveira. Aparece na praza de Otreo Goyanes, antigua Porta do Sol e Praza do Carmen, acompañado do alcalde Miguel Rodriguez Bautista, considerado na historia popular local como o mellor rexidor que tivo a localidade. Apreciase o engalanamento tamén da Casa dos Otero. Por certo faltarían aínda dous anos para que a familia recuperase deLearn More
