1944 Riveira A Soedade

En xaneiro de 1944 caia na comarca unha das nevaradas máis importantes do século. A imaxe corresponde o “Pazo de La Soledad” emblemático edificio situado na Coenlleira. Trátase dunha construción do século XVIII. Nel viviu desterrado ata a súa morte o sacerdote galego, Manuel Acuña y Malvar. Foi Párroco de Carreira. En 1792 foi elixido cóengo de Santiago. Vinculado o movemento intelectual inconformista de Santiago, o novo arcebispo mandouno desterrar. En 1809 organizou en Sevilla o levantamento de Galicia contra os franceses. Participou na reconquista de Vigo, onde foi nomeado gobernador político e durante as Cortes de Cádiz defendeu firmemente as leis liberais. Coa reimplantación do absolutismo en 1814, foi procesado e pechado no Convento de Herbón ata 1820. Pasou os seus últimos anos neste Pazo da Soedade que ten amais unha fermosa capela barroca, alí morrería en 1845.

@Arquivo Joferpa

@Arquivo Joferpa

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress