Categoría: Artes
O Museo do Gravado de Artes inicia unha serie de videos divulgativos para achegar ao público os seus fondos


O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai realizar unha serie de videos divulgativos coa intención de facer chegar ao público visitas virtuais dos fondos do Museo. Comezá a divulgalas a semana que vén e desde O Barbanza teremosvos puntualmente informados dos mesmos.
Os videos que realizarán serán, entre outros, os seguintes:
- Goya: Caprichos, Los desastres de la guerra, Tauromaquia, …
- Rubens: Obra selecta
- Durero: Ouvre de …
- Van Dyck: Iconografía
- Piranesi: Vedute e obra varia
- Da Vinci: Distintos gravadores do Museo do Louvre
- Fernando de Rojas: La Celestina: ilustrador Manuel Humbert Esteve
- Calderón de la Barca: Las paredes oyen: ilustrador: Antoni Gelabert i Casas
- Garcilaso de la Vega: Églogas: ilustrador Antoni Gelabert i Casas
- Calderón de la Barca: El gran teatro del mundo, El gran mercado del mundo: ilustrador R. de Capmany i Montaner
- Góngora: Fábula de Polifemo y Galatea: ilustrador Manuel Baeza
- Quevedo: Vida del Buscón llamado Pablos: ilustrador Antonio Quirós
- La historia del muy valiente y esforçado cavallero Clamades, hijo de Marcaditas, Rey de Castilla y de la linda Clarmonda, hija del rey de Toscana: ilustrador Joan Vila i Pujol (D’Ivori)
- Cervantes: La Galatea: Ilustrada por Josef Ximeno y Carrera.
- Cervantes: El Quijote e outras novelas e poesía: Ilustradas por gravadores do XVII, XVIII e XIX
- Gravados da EncyclopédieDiderot e D’Alambert: gravadorBernard
- Debuxos orixinais de Ignacio Hernández Suñer (Íñigo) que ilustra: El Quijote, Viaje al centro de la tierra, Simbad el marino, Veinte mil leguas de viaje submarino, Las mil y una noche
- Piranesi: Vedute e obra varia
- Toulouse-Lautrec: Elles
1944 Riveira A Soedade

En xaneiro de 1944 caia na comarca unha das nevaradas máis importantes do século. A imaxe corresponde o “Pazo de La Soledad” emblemático edificio situado na Coenlleira. Trátase dunha construción do século XVIII. Nel viviu desterrado ata a súa morte o sacerdote galego, Manuel Acuña y Malvar. Foi Párroco de Carreira. En 1792 foi elixido cóengo de Santiago. Vinculado o movemento intelectual inconformista de Santiago, o novo arcebispo mandouno desterrar. En 1809 organizou en Sevilla o levantamento de Galicia contra os franceses. Participou na reconquista de Vigo, onde foi nomeado gobernador político e durante as Cortes de Cádiz defendeu firmemente as leis liberais. Coa reimplantación do absolutismo en 1814, foi procesado e pechado no Convento de Herbón ata 1820. Pasou os seus últimos anos neste Pazo da Soedade que ten amais unha fermosa capela barroca, alí morrería en 1845.
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.