Etiqueta: Santa Uxía de Riveira

1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países. Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455 O corte foi incluido no documental do díaLearn More

2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.    

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes. E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros:Learn More

1945 Praia de Colomer

A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade. Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de  Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se veLearn More

1915 Campo do Fraile

A imaxe pertence á unha colección privada composta por placas feitas a principios do século XX por Manuel Cores García. A imaxe amosa o mercado que se facía cada domingo no denominado Campo do Fraile, mercadiño que se trasladou a este lugar dende a Praza de Compostela, onde se encontraba a antiga Igrexa Parroquial ata 1861. O mercadiño celebrabase neste campo ata 1946 cando foi recolocado no “Campo da Feira”, actualmente Praza da Constitución. EstamosLearn More

1960 San Cristovo. Festas de verán

Dous periodos de festas habia en Riveira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de festas. A imaxe amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe subida a un camiónLearn More

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress