Categoría: Fotografías
1961 Festas de verán, programa
Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desdeLearn More
1965 Libros de Riveira: "Hombres y dornas"
En 1965 do prelo do Faro de Vigo saia a obra “Hombres y dornas” . Estamos ante unha narración novelada escrita en 1950 por Ricardo Mora, e o seu contido, segundo se indica no libro, é rigorosamente real. Estamos ante unha pequena escrita inicialmente en galego e traducida posteriormente o castelán na que se narran as vivencias dunha familia de mariñeiros que viven do traballo da súa dorna. A acción da familia descorre nas augasLearn More
1965 Praza de Abastos
A fotografía de hoxe amosa a vella Praza de Abastos. Inicialmente comezou a ser construída en 1916 (apr.), tendo varias reformas posteriores. Situada na zona da Bandourrío, un dos núcleos orixinarios da cidade xunto a Deán, sería o centro da actividade coa celebración dos tradicionais “mercadillos” que aínda hoxe se seguen celebrando no malecón durante os sábados. A finais dos anos 70 principios dos 80, iniciouse a súa reconversión, primeiro como mercado sen que tiveraLearn More
1960 Avenida do Malecón
Imaxe da actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas. A recén acondicionada avenida ofrecía unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos” e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casasLearn More
1947 O León de Padín
Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos “plataneiros” que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, OLearn More
1920 A Ameixida
A Ameixida é un lugar situado a 4 quilómetros da capital municipal riveirense, na estrada que une as parroquias de Santa Uxía e o Bo Pastor. Trátase dunha zona de praia que aínda que comezou a ser masificada nos últimos tempos, aínda conserva o encanto das zonas enxebres. © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
