1965 Libros de Riveira: "Hombres y dornas"
En 1965 do prelo do Faro de Vigo saia a obra “Hombres y dornas” . Estamos ante unha narración novelada escrita en 1950 por Ricardo Mora, e o seu contido, segundo se indica no libro, é rigorosamente real. Estamos ante unha pequena escrita inicialmente en galego e traducida posteriormente o castelán na que se narran as vivencias dunha familia de mariñeiros que viven do traballo da súa dorna. A acción da familia descorre nas augas de Riveira e de Castiñeiras.
O libro pódese considerar o primeiro que ten a Riveira como protagonista esta impreso en branco e negro con multitude de fotografías que hoxe podemos considerar un fiel reflexo da vida da nosa terra nos anos 50. As fotografías foron premiadas en numerosos certames nacionais e internacionais. Ricardo Mora , avogado, reside desde hai décadas na cidade da Coruña.
Deste libro extraéronse os debuxos que habitualmente se publican coa descrición da dorna e que se usa en folletos, libretos e obras, habitualmente sen citar o autor.