Categoría: Vida cotiá

1930 Riveira Rúa Floridablanca

A fotografia pertence á colección de albuns editados polo “Barato de Ribeira”m, actualmente ocupado pola xoiería Montoro. Remóntamonos os anos 30 do século pasado, cando a rúa Floridablanca era o eixe da actividade comercial da localidade. Preciosa imaxe que seguro a moitos lembraranos a vella Santa Uxía. Por certo aportades algún dato sobre ela?. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ouLearn More

1948 Talleres El Nervión

Magnifica fotografía das primeiras instalacións de Talleres El Nervión no Dique da entón Avenida de José Antonio. Falar de “Talleres El Nervión” é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Situada na entón “Calle Alcazar de Toledo” (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Dique), dedicouse á fabricación dos motores diesel, baixo a marca “HMR- Hermanos Martínez Rodriguez”. Especializada especialmente en motores de camións e barcos,Learn More

1971 Pedra Pateira.Riveira

Esta preciosa imaxe cargada de enxebrismo está tomada en 1971. Trátase da zona de Banda ó Río ( Bandourrío), actualmente ocupada polo recheos do parque de Pedrapateira. Xunto a Deán (este aparece xa citado en documentos do século XII) é o núcleo orixinario de Riveira. Barrio mariñeiro por excelencia, é a única zona que mantén certo encanto de toda a cidade e conserva parte da súa estructura orixinal. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobreLearn More

1940 Muelle Colón Riveira

Traemos hoxe a aportación dun veciño de Santa Uxía. Unha magnifica imaxe dos anos cuarenta do século pasado que nos ofrece unha foto do muelle de Colón, no dique hoxe desaparecido polo recheo dos anos 80. ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”. Grazas.

1940 Riveira porto

Esta espectacular fotografía de apenas uns cms de ancho no seu orixinal, ofrece unha imaxe do peirao e das fábricas existentes na época en Santa Uxía. En primeiro termo os tellados do secadeiro de bacallau de Colomer. Vense tamén as fábricas de Cardona e do Abadiño e en primeiro termo o edificio do “fielato”, onde se abonaban as taxas comerciais das mercadurias. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre oLearn More

sen datar Castiñeiras

Recibimos dun leitor anónimo esta fotografia que supoñemos debe ser dos anos 70. Trátase uns mozos cunha dorna varada na área. o que si nos indica o seguidor é que se trata de Castiñeiras pero que non pode aportarnos mais datos polo que os amigos que siguen a web seguro que poderán aportarnos algún dato. Grazas anticipadas.  

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress