Categoría: Fotografías
1964 Monumento Sagrado Corazón de Xesús
Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento. Trátase da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente áLearn More
1950 Riveira
Esta fotografía corresponde a unha postal editada nos anos 50 do século XX. Vese nela unha imaxe da cidade co peirao á dereita e a dársena aínda sen pechar. A estrada de Martín en primeiro termo e á dereita Bandourrio, xunto a Deán o núcleo orixinario da vila.
sen datar Castiñeiras
Recibimos dun leitor anónimo esta fotografia que supoñemos debe ser dos anos 70. Trátase uns mozos cunha dorna varada na área. o que si nos indica o seguidor é que se trata de Castiñeiras pero que non pode aportarnos mais datos polo que os amigos que siguen a web seguro que poderán aportarnos algún dato. Grazas anticipadas.
1955 Riveira Praza de Calvo Sotelo
A imaxe recolle un aspecto da vida cotidia da Riveira dos anos cincuenta rebautizada despois da Guerra Civil como Praza de Calvo Sotelo. Á marxe do tipismo da fotografía vese a Torre do reloxio ou da dereita do Consistorio. seguro que algún dos nosos lectores identifica os fotografiados. Esperamos que podamos poñer nome ós protagonistas da mesma. . ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela nonLearn More
1970 Riveira Caramecheiro
A imaxe data a principios dos anos 70 amosa o inicio da praia de Coroso en Padín hoxe Praza da Concordia e Avda. García Bayón. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e propiedade de costas que estivo a punto a mediados dos anos 80 de orixinar o seu derrube o carecer de permiso para a súa realización. A fotografía como no caso anterior , foinos remitida por Andrés P.Gude, eLearn More
1940 apx. Aguiño
Aguiño é despois de Castiñeiras, a parroquia máis moza do Concello de Riveira. De poboamento xoven pertenceu ata a súa creación á Parroquia de San Paio de Carreira, a maís antiga das ferigresias do hoxe Concello de Riveira. Baixo a advocación da Nosa Señora do Carme, creouse como parroquia o 9 de maio de 1959 sendo cardeal- arcebispo da diocesis, Fernando Quiroga Palacios, e o seu primeiro sacerdote, Francisco Lorenzo Mariño. Aguiño contaba no censoLearn More
