Etiqueta: Ribeira

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas  

1957 Cabalgata dos Magos

Dada a data na que andamos  recuperamos hoxe unha vella foto do ano 1957 na que é a primeira cabalgata dos Reis celebrada en Riveira, polo menos da que se teña constancia. Non ten gran calidade pero merece a pena lembrala. Grazas o donante da mesma. Alguén sabe quenes son os nosos intrépidos magos e paxes?  

20141221 Museo Parroquial de Riveira

Reportaxe emitido pola TVG o 21 de decembro sobre o novo museo parroquial de Riveira inaugurado o domingo 23 de novembro co gallo dos 150 anos da consagración do templo parroquial. Museo Parroquial de Santa Uxía de Riveira

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress