Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
O “Monumento” de Ribeira sesenta anos da súa Consagración. Unha urxente recuperación. Xosé María Fernández Pazos. Cronista Oficial de Ribeira

Un dos edificios máis emblemáticos da parroquia e á vez menos coñecido, é o Monumento ao Sagrado Corazón de Xesús. O crecemento da cidade fixo que quedara illado en medio de edificios que o encaixaron perdendo parte da súa espectacularidade. Iso unido o paso do tempo amosa un progresivo deterioro do templo que necesita de xeito urxente un arranxo, xa que a súa estrutura empeza a presentar graves danos que o poñen en perigo estrutural. A parroquia está aLearn More
“Cen anos do recoñecemento ás heroínas e heroes do Santa Isabel”

Este pasado 8 de xaneiro cumprironse cen anos dende que o secretario do Concello de Ribeira se desprazaba a Sálvora a facer entrega aos seus habitantes das distintas condecoracións e recoñecementos que lle foran outorgados polo Consello de Estado. Os trámites para a concesión das mesmas iniciaríanse inmediatamente tralo naufraxio, e serían a prensa da época, algúns concellos galegos, asociacións e sociedades os promotores dese recoñecemento que tería en Vigo á cidade pioneira das homenaxes, cun multitudinario acto que congregouLearn More
O Museo Naval de Ferrol xa exhibe a exposición de Ribeira sobre o naufraxio do Santa Isabel

“Bravura”, a exposición sobre o afundimento do vapor Santa Isabel que o Concello de Ribeiraorganizou na nosa Sala Museo Municipal para celebrar o seu centenario, foi inaugurada este mediodía no Museo Naval de Ferrol nun acto que contou entre outros coa participación do alcalde ManuelRuiz.“Bravura” relata o suceso desde a saída do vapor do País Vasco ata o seu accidente nos baixos da Pegar na Illa de Sálvora, ademais do seu contexto cun capítulo especialLearn More
“A radio e o seu día. As orixes de Radio Riveira”. Antón Luaces

Foi polos finais dos anos 50 do século pasado. Nun edificio propiedade da parroquia de Riveira nacía Radio Riveira, emisora parroquial, a única destas características na ampla comarca do Barbanza e a segunda -a primeira foi a de Vilanova de Arousa- na ría de Arousa. O xuiz en exercicio daquela, Francisco Capón Rey; o profesor, tamén exercente, Bernardo González Mariño; Arturo Valeiras e outras persoas da vida local riveirense, deron vida a un proxecto deLearn More
5 de decembro: 100 anos da posta en marcha do Faro de Sálvora

“Cen anos do faro de Sálvora”. Por Xosé María Fernández Pazos Este 5 de decembro cómprense 100 anos da posta en marcha do Faro de Sálvora. Construído nos anos anteriores o naufraxio do vapor-correo do Santa Isabel, o faro non chegaría a tempo para evitala traxedia do terceiro suceso en número de vítimas das costas galegas, 213, e do que este ano que remata lembramos os cen do seu afundimento nos baixos da Pegar, xusto baixoLearn More
Memoria das Heroínas de Sálvora. No 30 aniversario do pasamento de María de Sálvora

Memoria das Heroínas de Sálvora . Xosé María Fernández Pazos Enfilamos o derradeiro trimestre deste ano no que lembramos os cen do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel nos baixos da Illa de Sálvora. Desgraciadamente a situación sanitaria dos últimos dous anos non axudou a lembrar como se merecía esta traxedia que deixou tan fonda lembranza na nosa comarca, ata o punto de que naqueles anos vinte foi coñecido como o “Titanic Galego” polos medios deLearn More



