Lustres Rivas protagonista dunha reportaxe en “publico.es”
O xornalista e escritor ribeirense Manuel Lutres Rivas, asasinado o 10 de novembro de 1936, é o protagonista dunha ampla reportaxe que o dixital “publico.es“, publica este sábado. Redactado por Laura Anido e coa colaboración de Xosé María Fernández Pazos, José Antonio Ventoso Mariño e Manuel Ruíz Rivas, o artigo pasa revista á traxectoria do insigne ribeirense.
Baixo o título ” Manuel Lustres Rivas, el galleguista que luchó contra el caciquismo y fue asesinado por los franquistas”, a redactora recolle aspectos da vida do “Escritor, loitador social pero sobre todo, xornalista. Manuel Lustres Rivas (1888, Ribeira) que foi asasinado polo réxime franquista debido aos seus ideais políticos. O ribeirense estaba moi vinculado ao galeguismo e os movemento agraristas. Buscaba loitar pola defensa dos dereitos do campesiñado galego e acabar co caciquismo da época“. Máis información en “riveira.info“.
No 2016 coincidindo co 80 aniversario do seu asasinato o Concello de Ribeira presidido por Manuel Ruíz Rivas, fixo unha edición facsímil da obra “Pandemonium” editada en 1917 e que recollía artigos de Lustres Rivas editados na prensa da época, unha edición que foi agasallada ós veciños. Tamén no 2013, o goberno local, presidido por Ruiz–familiar de Lustres– inaugurou o Centro Cultural que leva o nome do xornalista para poñer en valor a memoria e a cultura.
Con anterioridade o 5 de decembro de 1986, o Pleno do Concello de Ribeira que presidía o socialista, José Antonio Ventoso Mariño, estaba inmerso nunha campaña para cambiar os nomes franquistas das rúas da cidade decidiu nomealo fillo predilecto a título póstumo, e decicarlle unha rúa que leva o seu nome.