Autor: joferpa

1960 Avenida do Malecón

Imaxe da  actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A  foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas. A recén acondicionada avenida ofrecía  unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos”  e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casasLearn More

1947 O León de Padín

Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos “plataneiros” que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, OLearn More

1920 A Ameixida

A Ameixida é un lugar situado a 4 quilómetros da capital municipal riveirense, na estrada que une as parroquias de Santa Uxía e o Bo Pastor. Trátase dunha zona de praia que aínda que comezou a ser masificada nos últimos tempos, aínda conserva o encanto das zonas enxebres.       © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info 

Castiñeiras(ano sen determinar)

Castiñeiras é a parroquia máis nova do concello de Riveira xa que  foi constituída en 1969. As imaxes que aparecen neste apartado corresponden o peirao da parroquia en data indeterminada. Segundo algún comentario trataríase da reconstrución do peirao tras un temporal e outros a construción do peirao.  © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info     

1890 Riveira peirao

Esta é a foto máis vella que se coñece de Riveira. Esta datada entre 1880 e 1890 e trátase dunha fotografía de pequeno tamaño cortada en forma de abano algo habitual nesa época.  A imaxe permite vela Igrexa parroquial inaugurada en 1864, a actual rúa Diego Delicado, onde estaba correos, e a praia do malecón. Á dereita da Igrexa vese a parte posterior da Casa de Otero.    © riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxeLearn More

1914 Casa Consistorial

Tralo incendio, a finais do século XIX, da vella Casa Consitorial ubicada no peirao riveirense, onde se atopaba  a Farmacia de Tita Fernández (Avda Malecón 1, decidiuse a construcción do novo edificio que se iniciaría no Campo da Feira en 1907. A imaxe corresponde a un album de 1914.  © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info 

© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress