Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
9 de Agosto unha data para a historia riveirense

Fai 275 anos que Riveira rexeitou o ataque de buques corsarios ingleses. Pedro Arias Mariño de Sotomayor, á fronte dos veciños da comarca, logrou botar os atacantes. (Por : Xosé María Fernández Pazos) ——– Corrían as primeiras horas da tarde do domingo, 9 de agosto do ano 1739, cando os apenas mil veciños da localidade de Riveira se viron sorprendidos polo ataque de corsarios ingleses, tan habituais na época. Contaba a tradición oral, sobre todoLearn More
1961 Riveira Festas de verán

Nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a “Cidade branca da Ría de Arousa”, as festas de verán tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo naLearn More
1965 Riveira Avda.do Malecón

Esta fotografia corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada sobre o ano 1965 .Nela aparecen aínda o secadeiro de Colomer, en pe está a “Fábrica de Cardona”, que se incendiou en 1967 e o lado a “Fábrica do Abadiño”. Na memoria colectiva do noso pobo lembrase aquela madrugada no que o lume arraxou cunha das máis emblemáticas conserveiras da vila. A ese suceso uneuse unha serie de circunstanciasLearn More
1970 Aprox. Festa da Dorna

24 de xullo cumprense 67 anos da posta en marcha da Festa da Dorna. A historia da mesma aparece recollida na páxina da Confradia, e hoxe do arquivo inicial creado polo lembrado Alejandro Llovo (D.E.P), traemos unha imaxe que recolle as xuntanzas que se celebraban na Sala de Festas Cambeiro e que servia de prólogo o baile de gala que empezaba ás 12 da noite. Emilio Sanmamad e a súa esquerda Constantino Cobas Alvarez, xunto conLearn More
1945 aprx. Riveira Procesión do Corpus Christi

Recentemente celebrouse a festa do Corpus, xa sabedes un dos tres xoves do ano que brilan mais que o sol…), pero claro eran otros tempos e aqueles xoves festivos psaron a domingo. A imaxe amosa precisamente aprocesión do Corpus dun xoves dos anos coarenta, que percorría as rúas de Santa Uxía. Alguén sabe ubicalo sitio? Xeneral Franco preto de Rosalia Castro? . A foto foi cedida o arquivo parroquial para a exposición e a ediciónLearn More
1960 aprx. Riveira O Carme verán

A principios do século XX , Riveira chegou a ter case duas semanas de festas. Unianse toda-las celebracións relixiosas. Evidentemente eran outro tipo de “solemnidades”. Co paso do tempo separaronse e cada unha foi caendo na súa data actual. ë o caso das festas do verán na que se celebra O Carme, San Pedro, San Cristovo, etc. A imaxe corresponde a principios dos anos sesenta coa celebración da festa do Carme, coa Patrona Santa uxíaLearn More



