1974 Casa Consistorial derrube
A vella Casa Consistorial seria derrubada no primeiro trimeste do ano 1974. O edificio foi construído en dúas fases, a primeira delas en 1904 cando o Alcalde, José Martínez Fernández, de quen xa falamos nesta mesma web (ver alcaldes) retoma o proxecto de construcción dun edificio municipal tras arder o anterior en 1862 e estar de aluguer durante mais de 40 anos. Este rexidor retoma un proxecto anterior doutro alcalde, Manuel Fernández González, que en 1878 quixo facer o Consistorio. Tratábase de sustituir o vello edificio e encargou o proxecto o arquitecto, Juan Ramón Correa Mariño, se ben non se levou a cabo.
Habería que esperar a principios do século XX cando o alcalde Martínez Fernández, decide inicialas obras que se realizaran no chamado Campo do Fraile, unha zona acondicionada en 1886 polo entón alcalde Domingo Vilas Sampedro……
©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas
A chegada dunha subvención da Deputación coruñesa de 5.000 pesetas da época, permite a posta en marcha do proxecto encargando o mesmo o arquitecto asturiano Julio Galán y González Carballa,l de recoñecido prestixio. O total da construcción sairiría a concurso en 45.847 pesetas e seria adxudicado por dúas pesetas menos e 12 céntimos á empresa do Noiés, José Vidal Martínez.
Rematada en 1908, estaría composto por un edificio con campanario para torre do reloxio.
En 1935, o alcalde, Miguel Rodriguez Bautista decide amplialo edificio con outra torre, obras que rematarian en 1943 e que permitirian no baixo ubicar unha escola pública con entrada independente.
Curiosamente en 1974 coa chegada doutra subvención por parte da Deputación coruñesa, e ante o crecemento da localidade, a corporación presidida por Felix García Arriaga, decide facer un novo edificio asistindo o pobo estupefacto o derrube daquel emblemático edificio. O novo Consistorio sería coñecido moitos anos como o “pavillón” o lembrar máis a unha estructura deportiva. Co tempo o Alcalde José Luis Torres Colomer” modificou o seu aspecto exterior o que lle fixo gañar “algo” de imaxe.