Arxentina estrenou “A Illa das mentiras” baseado no naufraxio do Santa Isabel. Podemos ver o trailer oficial

O “Instituto Nacional de Cine e Artes Cinematográficos” de Argentina estrenou este xoves na súa plataforma baixo demanda Online “cine.ar”, o triller “A illa das mentiras” un film que usa como base argumental o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel.

A película desenvolve a historia na Illa de Sálvora, aínda que está gravada en Muros, O Grove, Santiago, Arzúa e Oza dos Rios amais de en Ribeira. Trátase dunha historia escrita pola directora da película Paula Cons. O film conta con Nerea Barros, Dario Grandinetti e Aitor Luna como actriz e actores principais.

Trailer oficial da película “A illa das mentiras”

Aínda que arranca en Sálvora durante o naufraxio, o argumento é unha ficción novelada que non narra os feitos reais do acontecido aínda que os usa como referencia.

Baixo o título “La isla de las mentiras: secretos y mentiras en Galicia”, o diario “La Nación” de Bos Aires fai nun artigo unha análise da película estrenada este xoves pola noite:

Paula Cons incursiona en la ficción con una historia ambientada a principios de enero de 1921 en la isla de Sálvora, en Galicia. Los hombres de la comunidad se habían marchado poco antes al continente siguiendo una antigua tradición y, en medio de una espesa niebla, el Santa Isabel -un vapor con destino a Buenos Aires y 256 personas a bordo- naufraga y se termina hundiendo frente a las rocosas costas de la zona“.

Promo de estreno da película “La Isla de las Mentiras” en la plataforma “Cine.Ar”

Tamén a web “Escribiendo de cine” analiza a película baixo o título “mujeres de la historia”.

Cun guión feito pola directora da película Paula Cons, quen fixo declaracións O Barbanza, retrasou o seu estreno en España previsto para o día 29 de maio pola situación de alerta sasnitaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress