Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
“Herrera en COPE” trata este luns 30 de setembro o debate da B e da V de Santa Uxía

20190930.- O programa da cadena COPE tratará esta maña a partir das 12 do mediodía a polémica do uso da “b” ou da” v” no topónimo da capital barbanzán. O programa presentado por Jon Uriarte dentro de “Herrera en Cope” será en emisión nacional. O tema volta a actualidade a raíz dunha proposición no pleno municipal de setembro que esta tarde debatirá o cambio do haxiotopónimo. A proposición faina o PsdeG- Psoe e con casequeLearn More
“O vapor Santa Isabel” protagonista do semanario “España Exterior”

O semanal España Exterior publica esta semana un amplo reportaxe sobre o naufraxio do vapo-correo Santa Isabel e o papel das heroínas que interviron no salvamento de naúfragos e o papel do segundo oficial do barco, Luís Cebreiro. Na ampla reportaxe sae tamén unha entrevista coa directora da película “Santa Isabel”, Paula Cons que se estrenará o vindeiro ano.
1960 Vista de Santa Uxía

Espectacular vista de Santa Uxía desde a Rúa Cristobal Colon. Apreciase en primeiro termo a Sala de Festas Cambeiro, á esquerda o tellado do Consistorio e á dereita as casas de protección oficial recén construidas da rúa Rosalía de Castro.
1945 Igrexa parroquial

Postal editada en 1945 na que se pode ver o templo parroquial. A presenza de fieis na entrada amosa que se estaba a celebrar un acto relixioso.
1975 Colegio Galaxia Boletín Informativo y Cultural

Engado hoxe o pdf do boletín do Colexio Galaxia editado en marzo de 1975. Espero que para algúns traia lembranzas.
1944 Noruega. Visita de Franco a Riveira

Corte do documental da “NRK TV Filmavisen Spania”, compañía pública de radio e televisión de Noruega, sobre a visita de Franco a Riveira. En 1944 Noruega estaba baixo o control dos nazis de ai que nos documentais da época se incluíra a visita de Franco dentro dos intercambios que facían os NODOS dos dous países. Pódese ver o video do noticiero español no” NO-DO” no enlace da nosa páxina http://www.riveira.eu/arquivos/455 O corte foi incluido no documental do díaLearn More



