Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
1960 Avenida do Malecón
Imaxe da actual Avenida do Malecón, na época da fotografía Avenida de José Antonio Primo de Rivera . A foto é dos anos 60 e nela vese á dereita o almacén de bacallau de Colomer e a casa dos Vilas. A recén acondicionada avenida ofrecía unha imaxe caseque bucólica dun pobo que en 1959 recibira o “Premio Nacional de embelecemento de pobos” e era chamada a “Cidade branca da Ría de Arousa” polas súas casasLearn More
1947 O León de Padín
Seguindo o noso percorrido pola vella Riveira traemos hoxe a imaxe da vella fonte do León de Padín. Situada na confluencia das Avenidas da Coruña e Ferrol, esta fonte foi instalada a principios do século XX e daba servizo ós veciños da zona. A imaxe amosa a fonte e a Avenida de Ferrol e vense o fondo os vellos “plataneiros” que cubrían boa parte da vella e tortuosa estrada que levaba a Artes, Corrubedo, OLearn More
1920 A Ameixida
A Ameixida é un lugar situado a 4 quilómetros da capital municipal riveirense, na estrada que une as parroquias de Santa Uxía e o Bo Pastor. Trátase dunha zona de praia que aínda que comezou a ser masificada nos últimos tempos, aínda conserva o encanto das zonas enxebres. © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
Castiñeiras(ano sen determinar)
Castiñeiras é a parroquia máis nova do concello de Riveira xa que foi constituída en 1969. As imaxes que aparecen neste apartado corresponden o peirao da parroquia en data indeterminada. Segundo algún comentario trataríase da reconstrución do peirao tras un temporal e outros a construción do peirao. © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info
1890 Riveira peirao
Esta é a foto máis vella que se coñece de Riveira. Esta datada entre 1880 e 1890 e trátase dunha fotografía de pequeno tamaño cortada en forma de abano algo habitual nesa época. A imaxe permite vela Igrexa parroquial inaugurada en 1864, a actual rúa Diego Delicado, onde estaba correos, e a praia do malecón. Á dereita da Igrexa vese a parte posterior da Casa de Otero. © riveira.eu Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxeLearn More
1914 Casa Consistorial
Tralo incendio, a finais do século XIX, da vella Casa Consitorial ubicada no peirao riveirense, onde se atopaba a Farmacia de Tita Fernández (Avda Malecón 1, decidiuse a construcción do novo edificio que se iniciaría no Campo da Feira en 1907. A imaxe corresponde a un album de 1914. © riveira.info Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info



