Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
1940 Vista de Santa Uxía

Imaxe de Coroso nos anos 40 do século XX. Na fotografia apreciase a estrada que une Riveira con Palmeira e o final da ensenada a Illa os Ratos. A estrada foi construida sendo Ministro Antonio Romero Ortiz na década dos anos 60 do século XIX. Substituiu o vello Camiño Real que discurria pola costa ata Palmeira. ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubidesLearn More
1915 Corrubedo

Esta postal ofrecenos unha perspectiva de Corrubedo a principios do século XX.Trátase dunha imaxe que forma parte dun album dos que habitualmente se editaban na época. Corrubedo é un dos pobos mais emblemáticos da nosa costa aparece xa citado nos mapas da baixa idade media pola sua costa considerada o inicio da Costa da Morte. A principios do século XIX formou parte do incipiente e breve Concello de Olveira, que xunto os de Carreira, PalmeiraLearn More
1964 Monumento Sagrado Corazón de Xesús

Durante anos o “Monumento o Sagrado Corazón” presidiu desde a distancia toda a cidade de Riveira. Visible desde moitos puntos da costa e da ría ata que quedou rodeado de edificios, ocupa a parte mais alta do centro urbano, dando nome incluso a todo a barriada na que está ubicado: O Monumento. Trátase da imaxe dun Cristo de dous metros e medio de altura que, cos brazos extendidos, coroa un pedestal dunha altura equivalente áLearn More
1949 Invitación festa da dorna

En 1948 un grupo de amigos pon en marcha a raíz do sorteo dunha pequena dorna, unha iniciativa en plan “carallada” coa botadura dunha embarcación chamada “Virxe do Carmen”. Aquela festa inicial que teria lugar na “Sala La Granja” no barrio da Amarella convertiríase co paso dos anos nun acto de solidariedade. O ano seguinte en 1949, celebrariase o primeiro baile de gala que tería lugar na “Salón Cambeiro”, cedido durante anos para a recadaciónLearn More
1950 Riveira

Esta fotografía corresponde a unha postal editada nos anos 50 do século XX. Vese nela unha imaxe da cidade co peirao á dereita e a dársena aínda sen pechar. A estrada de Martín en primeiro termo e á dereita Bandourrio, xunto a Deán o núcleo orixinario da vila.
sen datar Castiñeiras

Recibimos dun leitor anónimo esta fotografia que supoñemos debe ser dos anos 70. Trátase uns mozos cunha dorna varada na área. o que si nos indica o seguidor é que se trata de Castiñeiras pero que non pode aportarnos mais datos polo que os amigos que siguen a web seguro que poderán aportarnos algún dato. Grazas anticipadas.



