Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
2015 “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad”

O venres día 24 de abril mais de 120 persoas participaron na presentación da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad” que tivo lugar na Aula de Teoloxía Manuel Guerra Campos da parroquia de Santa Uxía de Ribeira. Tratase dun libro conmemorativo dos 150 anos da consagración do templo parroquial no que se recolle amais a historia documental da parroquia desde a súa primeira aparición no ano 1200 ata o século XX. OLearn More
Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad

Anunciarvos a saida da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas. Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía. Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinasLearn More
1958 Paso de Xesús no horto dos Olivos

Hoxe Mércores Santo sairá o paso de Noso Señor Xesús no Horto dos Olivos. Esta emblemática procesión ten a súa orixe no ano 1956, cando se creou a confradía do seu nome. Feito en Santiago por J.Aldrey tivo un coste de cen mil pesetas da época e antes de vir a Santa Uxía quedou instalado na entrada da alameda de Santiago ante a expectación dos veciños. A obra estivo no interior do templo parroquial naLearn More
1950 aprox. Santo Enterro

E coincidindo con estas datas recuperamos hoxe unha imaxe do Santo Enterro que se celebraba na praza da igrexa cada venres santo. A imaxe recolle o momento en que a imaxe de Cristo é introducida no sepulcro. O fondo o sacerdote encargado de facer o pregón do desenclavo. A foto datámola nos anos cincuenta do século XX dado que o edificio que se ve o fondo á dereita é o do antiguo Banco da CoruñaLearn More
1984 O encontro

Na época en que andamos estamos a celebrar a Semana Santa e non me resisto a subir algunha foto das celebracións que tiñan lugar hai xa mais de 30 anos. Esta que vedes é o encontro que ten lugar na mañá do venres santo. Diapositiva feita desde o vello edificio da Acción Católica en 1984. Lembrar aqui o sacerdote que aparece na fotografía José Rodriguez Manteiga, xa finado.
1955 Aprx. Vista de Santa Uxía

Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.



