Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
1959- Festas de verán Santa Uxía

Empezan as “Festas de verán 2015” e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao aLearn More
1925 apr. San Martiño de Oleiros

A parroquia riveirense/ribeirense de San Martiño de Oleiros é unha das primeiras en aparecer na documentación nas terras de postmarcos. Existen referencias a ela xa no 1200. Tratábase dunha feligresia eminentemente agraria alonxada da costa, o que permitiu ós seus habitantes ter “certa ” tranquilidade á hora de vivir e quedar á marxe de ataques costeiros. Esta imaxe corresponde a unha vista do ano 1925 aproximadamente, e forma parte dunha colección de postais editadas poloLearn More
1960 apr. Praza do peixe e lonxa de Santa Uxía

Podíamos empezar decindo quen che ve e quen che veu. Esta foto de finais dos 50 e principios dos sesenta recolle a vella “praza do peixe” e a “lonxa do peixe”. Hoxe unha nova instalación modernista que acollerá a Praza de Abastos está a punto de inaugurarse o que permitirá ver polo menos, parte da dársena tapada polas sucesivas construccións portuarias. Que tal si vos animades e nos escribides algún comentario?. “redaccion@riveira.eu”
1950 Peirao Riveira

Traemos hoxe unha fotografía dos anos cincuenta do século pasado. Como se ve aínda nin siquera se iniciara a construcción da outra parte do dique e tampouco se ampliara o lado dereito ata o faro da punta. Preciosa imaxe na que se ve a frota artesán e en primeiro plano a esplanada do dique.
1970 aprx. Riveira-Praia de Colomer

Estes días de calor seguro que moitos añorades a vella praia da cidade que permitía facer unha escapada o mediodía. A fotografía, da que puxemos unha data aproximada, amosa a praia de Colomer. Na marxe central superior apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e á esquerda a chimenea da fábrica da actual Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrío que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade. Nos anosLearn More
Helicoptero en Santa Uxía

Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.



