• “No 90 aniversario do seu cabodano: Lustres Rivas, o grande esquecido  I”. Xosé María Fernández Pazos

    José Manuel Antonio Lustres Rivas, compañeiro e amigo de Castelao, mestre de xornalistas, vinculado oLearn More

  • “No 90 aniversario do seu cabodano: Lustres Rivas, o grande esquecido  II”. Xosé María Fernández Pazos

    José Manuel Antonio Lustres Rivas, compañeiro e amigo de Castelao, mestre de xornalistas, vinculado oLearn More

  • 25 de abril, 190 anos da creación dos concellos: da fragmentación á organización municipal moderna

    A actual comarca da Barbanza e Muros Noia contaba con 32 concellos que se reduciríanLearn More

Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello

1920- Castiñeiras (Riveira)

Recentemente aprobouse o acondicionamento dá fábrica do Castro ocupada durante anos por unha conserveira que se construíu enriba do que era o Castro de Castiñeiras. Aínda que desgraciadamente é irrecuperable hoxe traemos esta foto dos anos 20 do século pásado onde as dornas, embarcación típica desta zona e do Grove era o medio de vida dos veciños do lugar que dependian dá parroquia de Santa Uxía ata a sua creación como freguesía propia en 1967.Learn More

1955 Vista aérea de Riveira

A fotografía de hoxe amosa unha vista de Riveira en 1955 aproximadamente. Trátase dunha colección de 6 fotos feitas en 6×6 que amosa distintas perspectivas da cidade.

1975 Caramecheiro Riveira

A imaxe data de mediados dos anos 70 do século pasado e amosa o comenzo da praia de Coroso en Padín. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e que hoxe é o vial de entrada á zona da avenida do parque García Bayón. Lembrades o nome dá empresa que aparece á esquerda?. O fondo dá foto os edificios da Avenida da Coruña e apreciase tamén o aparcadoiro.

1930 aprx. Banda ó Río

É dificil datar esta imaxe xa que a zona de Banda ó Río apenas cambiou ata mediados dos sesenta. En todo caso dado que non aparece o mercado municipal poderiase estimar que é anterior ós anos coarenta. Si aparece a fábrica de Cerqueiras e unha pequena parte da praia de Colomer. Seguro que podedes aportar datos. Grazas.

1973 Atlético de Riveira sube a 3ra división

Hoxe traio unha emblemática fotografía que seguro moitos lembraredes. O Atlético de Riveira subia a terceira división de futbol. A foto foi feita na Illa de Arousa, pero sabedes quenes son os protagonistas?. A ver se entre todos identificamos os xogadores.

1925- Castiñeiras (Riveira)

Castiñeiras xunto a Aguiño  a terra das dornas, é a protagonista da nosa imaxe de hoxe. A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada o lado do castro que sería esnaquizada  na década dos 70 para facer a conserveira, hoxe recuperado en espazo de servizo público. A postal corresponde a un album de fotos editado polo “Barato de Ribeira” na década dos anos vinte do século pasado.  

  • All the developers of D5 Creation have come from the disadvantaged part or group of the society. All have established themselves after a long and hard struggle in their life ----- D5 Creation Team
© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress