Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
1960 Dársena de Riveira
A imaxe do ano 1960 amosa a dársena do porto de Riveira xa coa sua configuración caseque definida. Vese a zona do asteleiro onde se subian vos barcos para ao seu arranxo, e xa na primeira fila de vivendas e de esquerda a dereita, a Casa de Vilas, a fábrica de Cardona coa sua cheminea, a fábrica do Abadiño e os talleres “El Nervión”. Diante da fábrica de Cardona vense ainda os bloques que servían paraLearn More
1999 O naufraxio do Santa Isabel video
En 1998 o autor publicou na prensa unha serie de reportaxes sobre a historia do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, artigos que serían o xermolo do libro e posterior reportaxe feito pola TVG para o programa O Mar. Era a primeira vez que se daban a coñecer imaxes sobre a construción, o interior do buque e o naufraxio. A historia daquel tráxico suceso permanecera ata esa data no anonimato oficial durante setenta e sete anos,Learn More
1965 O Carmen
A imaxe que recuperamos hoxe é a procesión do Carme do ano 1965 aproximadamente. A imaxe da Virxe aparece o fondo do grupo de fieis tralo estandarte. O lado esquerdo vese a Praia de Colomer, coa casa de Don Alejandro e Dona Encarnación Colomer, que tiñan un establecemento de efectos navais. Pegada á casa estaba o almacén de salgado e bacallau. Detrás dos almacéns estaba a Fonda Queiruga da Señora Concha Diz. Xa no ladoLearn More
Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor
José Manuel Antonio Lustres Rivas (Riveira, 11 de xaneiro de 1888 – Redondela, 10 de novembro de 1936), xornalista, político e escritor riveirense, vítima da represión do bando franquista durante a Guerra Civil. Fillo dun piloto de buques mercantes, José Lustres Gonzalez e de María Rivas Otero, trasladouse a Santiago de Compostela para estudar medicina na súa universidade. Alí fíxose amigo de Castelao e participou nos debates do Café Colón. Moi vinculado ao galeguismo, empezouLearn More
1944 Franco visita Riveira (video)
O 9 de agosto de 1944, Franco visita Riveira. Recibido polas autoridades locais encabezadas polo alcalde, Miguel Rodriguez Bautista, o xeneral chega en medio dos aplausos do pobo no malecón , daquela Avenida José Antonio, conservando a parafernalia habitual da época. Video Filmoteca Nacional- Nodo
1940 Rosalia Castro e Alameda
A imaxe que recuperamos hoxe corresponde a1940 aproximadamente. Nela recollese o aspecto do Campo do Fraile ou praza do concello e a Avenida de Rosalía de Castro. Na fotografía apreciase na parte dereita o “Café de Núñez” e a parada dos autobuses “El Celta”. Foto AMR ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas



