Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello
1950 Riveira

Esta fotografía corresponde a unha postal editada nos anos 50 do século XX. Vese nela unha imaxe da cidade co peirao á dereita e a dársena aínda sen pechar. A estrada de Martín en primeiro termo e á dereita Bandourrio, xunto a Deán o núcleo orixinario da vila.
sen datar Castiñeiras

Recibimos dun leitor anónimo esta fotografia que supoñemos debe ser dos anos 70. Trátase uns mozos cunha dorna varada na área. o que si nos indica o seguidor é que se trata de Castiñeiras pero que non pode aportarnos mais datos polo que os amigos que siguen a web seguro que poderán aportarnos algún dato. Grazas anticipadas.
1955 Riveira Praza de Calvo Sotelo

A imaxe recolle un aspecto da vida cotidia da Riveira dos anos cincuenta rebautizada despois da Guerra Civil como Praza de Calvo Sotelo. Á marxe do tipismo da fotografía vese a Torre do reloxio ou da dereita do Consistorio. seguro que algún dos nosos lectores identifica os fotografiados. Esperamos que podamos poñer nome ós protagonistas da mesma. . ©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela nonLearn More
1970 Riveira Caramecheiro

A imaxe data a principios dos anos 70 amosa o inicio da praia de Coroso en Padín hoxe Praza da Concordia e Avda. García Bayón. O cambio foi radical co recheo feito nunha zona gañada o mar e propiedade de costas que estivo a punto a mediados dos anos 80 de orixinar o seu derrube o carecer de permiso para a súa realización. A fotografía como no caso anterior , foinos remitida por Andrés P.Gude, eLearn More
1940 apx. Aguiño

Aguiño é despois de Castiñeiras, a parroquia máis moza do Concello de Riveira. De poboamento xoven pertenceu ata a súa creación á Parroquia de San Paio de Carreira, a maís antiga das ferigresias do hoxe Concello de Riveira. Baixo a advocación da Nosa Señora do Carme, creouse como parroquia o 9 de maio de 1959 sendo cardeal- arcebispo da diocesis, Fernando Quiroga Palacios, e o seu primeiro sacerdote, Francisco Lorenzo Mariño. Aguiño contaba no censoLearn More
1940 apx. Talleres El Nervión

Falar de “Talleres El Nervión” é falar dunha das industrias máis salientables dos anos 40 a 70 do século XX. Ubicada na entón “Calle Alcazar de Toledo” (actual Mariño de Rivera) e no dique do porto (Malecón), dedicouse á fabricación dos motores diesel baixo a marca “HMR- Hermanos Martínez Rodriguez”. Especializada especialmente en motores de camións e barcos, onde obtivo grande renome. Existe unha páxina no que se recolle grande cantidade de imaxes desta emblemática empresa á que invitamosLearn More



