• 25 de abril, 190 anos da creación dos concellos: da fragmentación á organización municipal moderna

    A actual comarca da Barbanza e Muros Noia contaba con 32 concellos que se reduciríanLearn More

  • “Patrimonio herdado: o deber ancestral de coidar o templo e as tradicións”

    “120 anos do altar maior de Santa Uxía e a Semana Santa de Ribeira naLearn More

  • “I Xornadas Históricas de Ribeira” co gallo dos 120 anos de Cidade. Videos charlas

    A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, presidiu o luns 23 de marzo o acto centralLearn More

Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello

1965 aprx. Riveira Igrexa parroquial

A imaxe amosa a praza da igrexa parroquial a principios dos sesenta. O empedrado da praza tan típico e que servia de aparcadoiro ós poucos coches que circulaban na cidade. O edificio do templo cumprirá o próximo 20 de novembro, 150 anos desde a súa consagración.  

1974 Riveira Avda.José Antonio Primo de Rivera

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos setenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba xa pouco das vilas mariñeiras que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa o solar da  fábrica de Cardona que se incendiou o 9 de decembro de 1967. O seu lado oLearn More

2014 Programa Ribeiras dedicado a Riveira

Programa da TVG emitido o luns 24 de marzo de 2014, dedicado ás Ribeiras de Galicia. Nesta edición recollese a vida nos portos de Riveira e A Guarda.

2014 Reportaxe sobre a Parroquia de Riveira

Programa emitido pola TVG o domingo 26 de xaneiro de 2014 no programa relixioso “Polo Camiño da Fe”. Entrevista o párroco Cesáreo Canabal co gallo da celebración do 150 aniversario da consagración do templo parroquial de Santa Uxía. Entrevista o P. franciscano Enrique Roberto Lista. Programa “Polo camiño da Fe” 20140126 sobre os 150 anos da Igrexa de Riveira

1972 Riveira Praza de José María Otero Goyanes

A postal amosa a Praza de Otero Goyanes a principios dos anos 70. Na imaxe pódese ver de esquerda a dereita o establecemento de Foto Eugenio, o de electrodomésticos Alex (non lembro o nome), a sede daquela novo Banco de Bilbao (vello Banco da Coruña), enriba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non o establecemento Santos, onde estaba antigamente o barato de Riveira na década dos anos vinte do século pasadoLearn More

1930 Castiñeiras

A fotografía amosa a actual parroquia de Castiñeiras nos anos 30 do século pasado. Por aquel entón pertencía á Parroquia de Santa Uxía e crearíase como tal en 1967. Castiñeiras é o pobo das dornas, unha embarcación típica da ría que segundo algúns investigadores remóntase ás invasións viquingas sendo unha adaptación en pequeno dos famosos drakkar. Existen varios tipos desta típica embarcación que da nome amais a unha das festas mais singulares a da dorna,Learn More

  • All the developers of D5 Creation have come from the disadvantaged part or group of the society. All have established themselves after a long and hard struggle in their life ----- D5 Creation Team
© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress