• 25 de abril, 190 anos da creación dos concellos: da fragmentación á organización municipal moderna

    A actual comarca da Barbanza e Muros Noia contaba con 32 concellos que se reduciríanLearn More

  • “Patrimonio herdado: o deber ancestral de coidar o templo e as tradicións”

    “120 anos do altar maior de Santa Uxía e a Semana Santa de Ribeira naLearn More

  • “I Xornadas Históricas de Ribeira” co gallo dos 120 anos de Cidade. Videos charlas

    A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, presidiu o luns 23 de marzo o acto centralLearn More

Riveira na historia, unha viaxe polo pasado do noso concello

1960 Palmeira

Postal de Palmeira a mediados ou principios dos sesenta. A parroquial de San Pedro preside esta vila que é das máis vellas do concello. Chegou incluso a ser concello nos anos vinte e trinta do século dezanove xunto a Santa Uxía, Olveira e Carreira. Alguén aporta algún dato novo. Grazas

1914 Santa Uxía de Riveira Dique

Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.

1970 Riveira Praza da Igrexa

Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do “Banco de La Coruña”, e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa “Panadería de Sinda”, casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864. Xa á dereita do banco naLearn More

1925 Riveira Rúa Venecia

A actual Rúa Galicia de Santa Uxía denominábase nos anos 30 do século pasado Rúa Venecia. Cubría desde Padín ata a actual Praza da Porta do Sol que antes se chamaba Praza do Carme e posteriormente Praza de José María Otero Goyanes, nome que se lle puxo trala guerra civil.  Como se pode apreciar na postal a rúa era unha das de mais actividade da cidade. O final da fotografía estaba o Castelo e oLearn More

1980 Riveira dique

Esta fotografía corresponde a unha vista do malecón a zona máis emblemática de Riveira. Foi realizada a finais da década dos 70.  Dos vellos edificios apenas quedan restos. O edificio da Caixa ocupara xa o Abadiño e o Mercantil a Fábrica de Cardona. e loxicamente o fondo Coroso. Fixarvos no Monte de San Alberto, lucia aínda un frondoso verde unicamente alterado polo depósito do lixo.  

1974 Derrube Casa Consistorial de Riveira

Nos anos setenta do se´culo pasado a corporación municipal  solicitou unha axuda de Deputación provincial para arranxala Casa Consistorial construída a principios do século XX e cun engadido nos anos corenta. A cantidade dada pola deputación desbordaba con moito as necesidades de arranxo, polo que se decidiu construír un novo pazo consistorial que daría paso o espantallo coñecido durante moitos anos como o polideportivo ou o cárcere. Os arranxos posteriores arrombaron  algo a imaxe doLearn More

  • All the developers of D5 Creation have come from the disadvantaged part or group of the society. All have established themselves after a long and hard struggle in their life ----- D5 Creation Team
© 2026: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress