1970 Riveira Praza da Igrexa

Estamos ante unha postal de finais dos 60 xa preto dos 70. A foto amosa a Praza de Otero Goyanes. Na imaxe pódese ver a sede daquela do “Banco de La Coruña”, e enriba do cal estaba a sede do Círculo Mercantil e Industrial e tamén coma non as rúas Ramón y Cajal, coa “Panadería de Sinda”, casa por certo construída o mesmo ano que a Igrexa Parroquial en1864.

Xa á dereita do banco na Rúa General Franco vese a Casa Solariega dos Otero. Un dos seus descendentes, José María Otero Goyanes da nome á praza que antigamente se chamaba “Porta do Sol” e ata finais do século XIX, “Praza do Carme”. Tralo pazo estaba antigamente o “Barato de Riveira- Casa Baltar” a principios do século pasado e hoxe ocupada pola “Reloxería Montero”.
Por certo, como vedes a foto fíxose en plenas festas de verán como amosa o alumeado.

1970 Praza Otero Goyanes WM

One Comment to 1970 Riveira Praza da Igrexa

  1. […] Solá invirtió una foruna en sus empresas de prensa»,  «1970, Riveira, praza da Igrexa» (Riveira na Historia), (La Voz de Galicia, 31 de mayo de 2006), Art Goebel’s Own History (Art […]

Deixa una resposta a Instantáneas en Vida Gallega – Corrubedo como nunca lo has visto Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress