Etiqueta: Santa Uxía

1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira

Propoñemovos hoxe que nos axudedes. Esta fotografía que datamos na década dos anos cincuenta, reune a membros da Acción Católica co que fora Cardeal Quiroga Palacios.  Querriamos saber quenes eran os que aparecen na foto, algúns deles claramente identificados pero outros con dúbida. Sabedes quenes son?. Grazas ©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1959- Festas de verán Santa Uxía

Empezan as “Festas de verán 2015”  e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao aLearn More

1950 Peirao Riveira

Traemos hoxe unha fotografía dos anos cincuenta do século pasado. Como se ve aínda nin siquera se iniciara a construcción da outra parte do dique e tampouco se ampliara o lado dereito ata o faro da punta. Preciosa imaxe na que se ve a frota artesán e en primeiro plano a esplanada do dique.  

Helicoptero en Santa Uxía

Hoxe subimos dúas fotos curiosas que nos chegan por un lector da aterraxe dun helicóptero na explanada do porto e a expectación que levantou entre os veciños. Non temos datadas as fotografías polo que si alguén sabe algún dato agradeceríase o comentásedes. Deben ser de principio dos sesenta.

1955 Aprx. Vista de Santa Uxía

Pois hoxe traemos unha vista aérea de Santa Uxía a finais da década dos anos cincuenta do século pasado. En primeiro termo aparece a Praza de Compostela e a barriada do Pombal e vemos tamén o edificio do Nervión no porto o lado das fábricas do Abadiño e Cardona,amais doutros emblemáticos edificios que xa son historia. Algun comentario que complete o noso percorrido?.

1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon)  por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas  

© 2024: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress