A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Santa Uxía de Riveira

now browsing by tag

 
 

2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.

 

 

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes.

E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria

 

 

1945 Praia de Colomer

A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade. Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de  Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

1945 Colomer

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1915 Campo do Fraile

A imaxe pertence á unha colección privada composta por placas feitas a principios do século XX por Manuel Cores García. A imaxe amosa o mercado que se facía cada domingo no denominado Campo do Fraile, mercadiño que se trasladou a este lugar dende a Praza de Compostela, onde se encontraba a antiga Igrexa Parroquial ata 1861.

O mercadiño celebrabase neste campo ata 1946 cando foi recolocado no “Campo da Feira”, actualmente Praza da Constitución.
Estamos ante unha imaxe espectacular dunha serie que recolle aspectos da vida riveirense.

CAmpo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores

Campo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores

©Manuel Cores. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1960 San Cristovo. Festas de verán

Dous periodos de festas habia en Riveira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de festas.

A imaxe amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe subida a un camión colocabase diante do Consistorio e os vehículos pasaban por diante mentres o “Sala de Festas Cambeiro” enfronte xusto dá imaxe e desde onde se tomou esta fotografía. Por certo á dereita do camión aparece precisamente, Xosé Fernández Cambeiro, daquela concelleiro municipal riveirense. Desta fotografia existe amais outra copia pero en branco e negro.1960 San CristobalAb

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1914 Porta do Sol (Praza de Otero Goyanes)

A postal que traemos hoxe corresponde á Porta do Sol, actual Praza de José María Otero Goyanes. Corresponde a un album de fotografias da década dos anos dez do século pasado e a imaxe corresponde a E.Díez, un fotógrafo autor de boa parte das fotos da comarca que se editaban nos álbumes da época.

O edificio que se ve detrás da fonte corresponde á actual sede do BBVA. A fonte está actualmente no Rueiro pero sin a imaxe superior.

Puerta del Sol ano 1914

Puerta del Sol ano 1914

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

 

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress