A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Santa Uxía de Ribeira

now browsing by tag

 
 

2015 Entrevista a Cesáreo Canabal sobre o libro da parroquia

O sábado 11 de xullo o programa “A Revista de fin de semana” da TVG emitiu unha reportaxe sobre o libro “Santa Uxía, Ocho siglos de Comunidad” no que se recolle unha entrevista a Cesáreo Canabal Castro, párroco de Santa Uxía. Recuperamos esa peza de pouco mais de tres minutos.

 

 

1955- Programa das Festas tradicionais de Santa Uxía de Riveira

Seguimos en Festas e que mellor que lembrar como eran hai 60 anos. Traemos hoxe  o programa completo do programa de aquelas festas que tiñan lugar entre o 6 e o 9 de agosto dedicadas a San Antonio, Santísimo Sacramento, Virxen do Rosario e Virxen do Carmen. Lembraredes os nomes de comercios e rúas da nosa cidade. Espero o disfrutedes.

E grazas polo apoio amosado no facebook estamos a punto de chegar ós 500 siareiros: https://www.facebook.com/Riveiranahistoria

 

 

Presentación do libro: Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de Comunidad

Anunciarvos a saida da obra “Santa Uxía de Ribeira, ocho siglos de comunidad” que será presentada este venres 24 de abril nos salóns parroquias ás 21 horas.

Trátase dunha obra na que colaboramos unhas dez persoas relacionadas co mundo da historia, o xornalismo, a teoloxía e a actividade cristián da parroquia de Santa Uxía.
Estructurado en duas partes a histórico-cronolóxica e a catequética, esta obra con amplo despliegue fotográfico e documental, recolle en 240 páxinas aspectos sobre os documentos máis antiguos no que aparece Ribeira, por certo con B, a historia dos seus templos, cruceiros, orfebrería, imaxinería, persoeiros relacionados coa comunidade e as relacións entre o concello e a igrexia.

Presentamos en exclusiva a cuberta do libro e varias páxinas da obra que sairá á venda a un prezo casi simbólico e os beneficios da cal serán destinados integramente a obras sociais da igrexa ribeirense. Ningún dos autores cobrou pola colaboración dun proxecto no que se investiron caseque dous anos e que conmemora os 150 anos da consagración do Templo parroquial. Esperamos que teña boa acollida.

portada libroCuberta do libro

paxina libro 1Reproducción do documento máis antiguo coñecido no que aparece Santa Ougea Ribeira, ano 1385 da era actual.

paxina libro 6As relacións do concello coa Igrexapaxina libro 2 A historia dos cruceiros paxina libro 3Radio Riveira emisora Parroquial a primeira de Galicia paxina libro 4Mais sobre a historia parroquial paxina libro 7A comunidade cristiá  paxina libro 8Reportaxe gráfica coas aportacións dos feligreses paxina libro 9 Traballo sobre a imaxinería da parroquia

 

1945 Praia de Colomer

A fotografia amosa a praia de Colomer, xunto a de Coroso a que acudia a xente da cidade. Na marxe superior dereita apreciase o mercado de abastos actualmente o Auditorio e o final a chimenea da fábrica da actual fábrica de  Cerqueiras, antiguamente Pereira. O fondo o barrio da Bandourrio que xunto a Deán é o núcleo orixinario da cidade.

1945 Colomer

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1915 Campo do Fraile

A imaxe pertence á unha colección privada composta por placas feitas a principios do século XX por Manuel Cores García. A imaxe amosa o mercado que se facía cada domingo no denominado Campo do Fraile, mercadiño que se trasladou a este lugar dende a Praza de Compostela, onde se encontraba a antiga Igrexa Parroquial ata 1861.

O mercadiño celebrabase neste campo ata 1946 cando foi recolocado no “Campo da Feira”, actualmente Praza da Constitución.
Estamos ante unha imaxe espectacular dunha serie que recolle aspectos da vida riveirense.

CAmpo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores

Campo do Fraile 1915. Fotografía Manuel Cores

©Manuel Cores. Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1960 San Cristovo. Festas de verán

Dous periodos de festas habia en Riveira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e nalgunha ocasión tiveron duas semanas enteiras de festas.

A imaxe amosa a celebración dá festa en honra a San Cristovo patrón dos condutores. A imaxe subida a un camión colocabase diante do Consistorio e os vehículos pasaban por diante mentres o “Sala de Festas Cambeiro” enfronte xusto dá imaxe e desde onde se tomou esta fotografía. Por certo á dereita do camión aparece precisamente, Xosé Fernández Cambeiro, daquela concelleiro municipal riveirense. Desta fotografia existe amais outra copia pero en branco e negro.1960 San CristobalAb

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress