A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

Santa Uxía

now browsing by tag

 
 

1960 Riveira dique

A postal amosa a zona do dique nos anos cincuenta. Por aquel entón denominada Avenida de José Antonio nome imposto tralo levantamento militar do 36.

O fondo aprecianse os secadeiros de Colomer e a cheminea de Cerqueiras

1960 Riveira malecón

 

 

1964 Santa Uxía de Riveira vista xeral

Grazas os amigos que nos escriben e comentan temas e fotos. Xa sabedes que podedes poñervos en contacto a través de” redaccion@riveira.eu” -ou do tfno 609 800 950.

Hoxe traemos esta postal do ano 1964 na que se aprecia unha vista da cidade. Xa está construido o dique  da lonxa feito a finais da década dos cincuenta e en primeiro plano apreciase o barrio do Pombal, orixe do pobo e a fábrica de Busoms….

 

1964 Vista Riveiraw

 

 

1914 Santa Uxía de Riveira Dique

Tres son os puntos de referencia habitual das fotografías e postais da primeira metade do século XX sobre Santa Uxía. O concello, a igrexa e o dique. Esta espectacular fotografía ofrece unha imaxe de toda a fachada do dique ou malecón do porto de Santa Uxía. Publicada nun álbum de 1914 dos que facia “O barato de Ribeira” (actualmente a Joyeria Montero) permítenos apreciar como era a recen nomeada cidade, destacando as salgadeiras e conserveiras.

1914 Riveira dique

1975 Sala de Fiestas Cambeiro. Riveira

Hoxe traemos unha foto da “Sala de Fiestas Cambeirona década dos setenta. Esta lembrada sala foi fundada nos anos corenta por José Fernández Cambeiro, e para os mais mozos estaba na Praza do Concello o lado da parada de taxis. Contaba con dúas pistas,  a de inverno cuberta que ocupaba o primeiro andar do edificio e a pista de verán o aire libre, que habitualmente se abría a semana de San Alberto. A “Sala Cambeiro” como era popularmente coñecida, foi o eixe de numerosos actos e festivaislocalidade. Era a pista máis grande do concello e da comarca o que permitía acoller a mais de 2.000 persoas e nela celebraronse durante décadas os actos e os bailes de Gala da Festa da Dorna o 24 de xullo.

A fotografía de hoxe ofrecenos a imaxe dun festival, que desgraciadamente non poiden datar, na reformada sala nos seus últimos anos. Era a pista de verán xa cuberta. En plan popular deciase que a maioria das parellas de Riveira e a sua bisbarra naceran neste baile. Por certo baixo a sua pista de inverno estivo o “Colexio Galaxia” nos seus primeiros tempos cos profesores don Luís e Chita. Nos seus últimos anos estaría ocupada pola discoteca “Samanthas“.

Alguén pode achegar algún outro dato?. Grazas

1970 Cambeiro WM

 

1950aprx. Visita Cardeal Quiroga Palacios a Riveira

Propoñemovos hoxe que nos axudedes. Esta fotografía que datamos na década dos anos cincuenta, reune a membros da Acción Católica co que fora Cardeal Quiroga Palacios.  Querriamos saber quenes eran os que aparecen na foto, algúns deles claramente identificados pero outros con dúbida. Sabedes quenes son?. Grazas

1950 Aprx. Visita Cardeal Quiroga a Riveira

©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas

1959- Festas de verán Santa Uxía

Empezan as “Festas de verán 2015”  e lembramos como nos anos sesenta cando Riveira era coñecida como a cidade branca da ría de Arousa, as festas tiñan entre os seus actos mais soados a tradicional procesión do Carme, o combate naval que se desenvolvía no porto, e o globo de papel, que a semellanza do de Betanzos soltábase na praza da Igrexa contendo comentarios e críticas da vida municipal e local. Aquel globo realizábao a familia Pita que o sigue facendo na capital da Mariña desde hai 137 anos. Levaba colgado un barquillo que soltaba fogos de artificio.

Traemos hoxe a esta páxina da nosa historia a fotografía remitida por un seguidor do palco da música na praza Igrexa ó serán cando o aluemado empezaba a gañar  o día. Por certo alguén conservara algunha foto do globo de papel?.

Felices festas 2015.

1959 Santa Uxía de Riveira palco da musica nas festas de verán.

PD A ver si vos animades a dar difusión entre amigos e coñecidos á páxina  que somentes somos 400. Animo e grazas. Lembrade  www.riveira.eu

 

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress