Etiqueta: Riveira
1920 Castiñeiras (Riveira)

No noso percorrido pola historia do noso concello traemos hoxe esta postal dos anos 20 na que aparece a actual parroquia de Castiñeiras. Por aquel entón a maioría dá mesma pertencía a Santa Uxía e outra parte a Carreira.
A fotografía amosa a primixenia vella fábrica situada ou lado do castro que sería esnaquizado na década dous 70 para facer a fábrica, actualmente en fase de demolición. Vense tamén os secadoiros e ás dornas varadas na praia.
1958 apr. Riveira volta ciclista

Recuperamos hoxe esta imaxe dunha carreira ciclista no dique ( Actual Avda. do Malecon) por aquel entón Avda. José Antonio. Era a finais dos cincuenta, si ben non podo datar con exactitude a data da fotografiía nin o acontecemento a existencia dos edificios como Colomer, Cardona, Abadiño, Nervión, etc., situa a imaxe nesas datas. Alguén pode aportar algún dato?. Grazas
1968 Santa Uxía vista nocturna

Espectacular imaxe do casco urbano de Santa Uxía a finais da década dos 60. A fotografía tomada no serán, amosa a cidade conservando aínda todo o seu encanto si ben empezan a construírse xa os “mamotretos” que marcaron e marcan o feísmo local das décadas posteriores. Santa Uxía empezaba a perder o encanto da “Cidade Branca da Ría de Arousa” que lle dera o premio nacional de embelecemento de pobos en 1959. Vese aínda a lonxa vella, o peirao e destaca a iluminación do recen estreado Monumento o Sagrado Corazón de Xesús, inaugurado apenas catro anos antes, que podía divisarse desde toda a ría.
Vista nocturna de Santa Uxía
20141221 Museo Parroquial de Riveira

Reportaxe emitido pola TVG o 21 de decembro sobre o novo museo parroquial de Riveira inaugurado o domingo 23 de novembro co gallo dos 150 anos da consagración do templo parroquial.
1979 Riveira dique en festas

A fotografia amosa as festas de verán do ano 1979. Como se aprecia a fachada do malecón bulia de actividade, sobre todode coches nun soleado dia de agosto.Vese taén o monte de San Alberte aínda non afectado pola desfeita do polígono industrial de Xarás, e tamén o Caramecheiro cos incipientes edificios algúns deles aínda en contrucción.
©riveira.eu . Si coñece algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.eu. Grazas