A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

A historia do noso Concello (redaccion@riveira.eu 609 800 950 )

porto

now browsing by tag

 
 

2014 Programa Ribeiras dedicado a Riveira

Programa da TVG emitido o luns 24 de marzo de 2014, dedicado ás Ribeiras de Galicia. Nesta edición recollese a vida nos portos de Riveira e A Guarda.

1967 Vista de Riveira desde o Monumento

A fotografía que traesmos hoxe corresponde a unha vista da localidade desde o Monumento o Sagrado Cozarón de Xesús. Foi publicada en 1967 e vese nela o Porto, a Praza da Igrexa,  os edificios sindicais da década dos 50 (Actual Rosalía Castro), o edificio de Acción Católica, a Casa do Marqués, o Nervión, etc….

1967 Vista de Riveira desde o Monumento
1967 Vista de Riveira desde o Monumento

 

 

 

 

 

 

 

©riveira.eu. Si coñece algún outro dato sobre esta foto ou sobre o que se ve nela non dubide en comentalo ou escribir a “redaccion@riveira.info”.Grazas

1958 aprox. Malecón Avda.José Antonio

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos cincuenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. Tratase dunha postal dunha imaxe en branco e negro coloreada e na que se aprecia o fondo a construcción do ramal do peirao.

image

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info. Arquivo Joferpa

1966 O malecón na década dos 60

Recuperamos hoxe esta postal de mediados dos sesenta que nos ofrece unha perspectiva do malecón, daquela Avenida de José Antonio Primo de Rivera. Riveira que obtivera en 1959 o “Premio Nacional de embellecemento de pobos”, conservaba aínda o encanto das vilas mariñeiras e facia honra do lema que a fixera popular ” a cidade branca da Ría de Arousa”. A imaxe amosa as conserveiras de Cardona o Abadiño e a salazonera de Colomer. En primeiro plano á dereita a casa de portos onde se atopaba o motor que permitia subilo los barcos o dique.

image

©riveira.eu
Si coñeces algún outro dato sobre esta imaxe ou sobre o que se ve nela non dubides en comentalo ou escribir a redaccion@riveira.info

© 2017: Riveira na memoria | Easy Theme by: D5 Creation | Powered by: WordPress